Ata Murcia, onde se celebraba o Campionato de España por Seleccións Autonómicas de probas combinadas, desplazáronse tres célticos: Alicia Merino, Andrea Reija e Adolfo Sainz-Maza. Alicia rematou 8º no heptathlon absoluto con 4.669 puntos, mellorando o récord do club máis antigo igualado o de 400mv. que datan ambos de 1985 . A selección galega acadou o 5º posto. Andrea foi 3º Sub18 con 3.435 puntos e Adolfo 6º con 6.208 puntos.
En Vigo, os nosos atletas participaron no Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas. O equipo femenino rematou 1º, destacando a participación de Eva Queimaño que conseguíu a mínima nacional sub20 na combinada con 4.344 puntos e de Carlota Salgado que fixo o propio nos 100mv (15.88s) Pechaban o equipo Lara Fernandez e Lucía Dopico. (3.444 e 3.326 puntos respectivamente)
O equipo masculino, formado por Pablo Bargés (4.804), Adrián Marcel (3.770) e Bran Nuñez (3.243), foi 2º.
Tedes unha galería de fotos no noso Facebook: www.facebook.com/CeltaAtletismo
Cristina Estévez viaxou ata Moratalaz, Madrid para competir no Campionato de España Máster. 3.884 puntos déronlle o 2º posto con marca persoal e récord galego w40.