Esta fin de semana, resultou ser unha das máis emocionantes dos últimos anos para o Grupo Celta Atletismo. Decidiase a xornada final de La Liga Atletismo de Primeira División e que lugar ocuparían tanto o C.A.F. Celta como o R.C.Celta Atletismo na Fase Final.

O C.A.F. Celta viaxaba a Valladolid para enfrentarse as anfitrionas da Universidade de León – Sprint Atletismo, as aragonesas do Hinaco Monzón e as isleñas do C.E.A. Tenerife. As nosas viaxaban cun equipo máis competitivo que o da primeira xornada; só as locais puideron superalas, ainda que con claridade. Catorce postos de podium, nos que sete foron victorias, favoreceron a que o Femenino non se baixase do segundo posto da clasificación xeral durante toda a xornada (170 puntos). Nediam Vargas nos 100m e 200m (11:82s – 24.00s), Raquel Meaños nos 800m (At. Mazí, 2:11.41s), Emma Valencia nos 110mv e 400mv (15.69s – 1:06.59s), Elvira Okutu no salto de lonxitude (5.42m) e Karolina Puchmertlova no lanzamento de peso (11.83m) foron as atletas máis destacadas e que se fixeron con 8 puntos nas súas probas. Con este resultado, máis a xesta da primeira xornada, o C.A.F. Celta clasifícase outro ano máis para a Final de Ascenso. Ocupan o sexto posto da clasificación xeral, polo que o ascenso a División de Honra é unha quimera, para elas o premio e volver a estar nunha Final de Ascenso.

Pola súa banda, o R.C. Celta Atletismo desplazouse a terras asturianas, concretamente ata Gijón, para competir contra os locais da Universidade de Oviedo, os oscenses do Intec-Zoiti e os levatinos do El Correr El Garbí. Os nosos mostraron a súa mellor versión e o final das 20 probas lograron un meritorio segundo posto por diante do Intec-Zoiti e o El Garbí (con victoria aplastante da Universidade de Oviedo) que lles dabana moitas opcións de clasificarse para a Final de Ascenso. Con doce postos de podium e catro victorias parciais, Gonzalo Basconcelo nos 1500m (4:00.57s), Miguel Cajaraville no salto con pértega (4.51m), Ignacio Fernández no lanzamento de martelo (56.88m) e José Fernández nos 5000m marcha (24:07.24s), os célticos tiveron moi boa prestación ainda que finalmente fosen segundos por diante do Intec-Zoiti por só 6 puntos e medio de diferencia (166.5 puntos contra 160 puntos). Con todo isto, todavía quedaba esperar polos resultados do encontro que se celebraraba en Lleida o domingo pola mañá e que definiría se os célticos ou os extremeños do Perceiana, serían os oitavos clasificados para a Final de Ascenso. Pero sucedeu o que ninguén esperaba. O Perceiana quedaba segundo no seu encontro, sendo 8º na clasificación xeral e deixando os nosos no 9º posto. Terán que loitar por conservar este posto na Final pola Permanencia. Non puido ser, pero só podemos dar as gracias polo esforzo e compromiso dos nosos, agora mesmo ese é o lugar do R.C. Celta Atletismo na Primeira División.
O vindeiro 10 de xuño veremos como finaliza outra intensa edición de La Liga Atletismo de Primeira División.