
Este fin de semana volven as competións federadas ¡e de qué maneira!. Comezamos co barro e ca épica do cross da man dunha das clásicas como é o «28 Memorial Belarmino Alonso», no circuito de San Andres de Comesaña (Vigo) poderemos desfrutar con célticos en todalas categorías, destacando a Gonzalo Basconcelo, Celia Perez, Pablo Vicente ou Alice Finot como principais espartanos na carreira absoluta.
Por outro lado, o noso ultrafondista Jose Antonio Requejo desplázase ata a localidade murciana de Los Alcázares a desputar, ca selección española, o Campeonato do Mundo de 100km no que de seguro volvera a refrendarse como un dos millores ultrafondistas do mundo.
Finalmente, ata a Pobra do Caramiñal desplázanse Brais Prieto e Gabriela Míguez para disputar o Campionato de Galicia de Inverno de Marcha en Pista e máis o norte, ata Narón, viaxan Xián Rodríguez e Denís Mariño para participar nun 800m no «XV Trofeo Cidade de Narón».
¡Moita sorte a todos!
