Obxectivo conseguido. E ademais, con nota. Os equipos absolutos do Celta Atletismo resolveron os seus desprazamentos do pasado fin de semana e lograron rematar as dúas primeiras xornadas de Liga entre os 8 primeiros clasificados da Primeira División en LaLiga4Sports e na Liga Iberdrola, obtendo a permanencia e unha plaza para a final do Ascenso do vindeiro 16 de xuño. Isto foi o que nos deixou a ponte das Letras Galegas:
- En Gandía os homes afrontaban un desprazamento longo e con baixas, pero souberon suplilas con afouteza e varias combinacións na convocatoria que finalmente funcionarían. Rematarían novamente en 2ª posición, desta vez por detrás dun imperial CD Surco Aventura que continúa liderando a clasificación da categoría tras os seus 194pts, aventaxando na recta final ós 174pts dos nosos. Atlético San Sebastián (165’5pts) e Correr el Garbi (154’5) pecharían o cuadrangular despois dunha gran actuación e mellor organización por parte dos valencianos. Claves de novo na actuación céltica as 7 victorias parciais, o que máis tivo no seu encontro. Gonzalo Basconcelo (3000 lisos e obstáculos) volvería a mandar por partida doble no fondo, acompañado dunha nova victoria de Luis del Río (800). Pedro Juncal (400) destacaría na velocidade e Miguel Cajaraville (pértega) e Nacho Fernández (martelo) volveron a gañar como xa é habitual. Por último, Brais Prieto gañaría desta vez o doblete da marcha con Jose Nieves. Un grandísimo resultado polas circunstancias para os rapaces que entran deste xeito na final en 8ª posición. De novo o Surco Aventura, CAPEX e Atlético Salamanca como anfitrión serán rivais xunto con outros 4 equipos o vindeiro 16 de xuño.
Despois de 1000km, sempre se agradece poder estirar as pernas…e facendo equipo! - O Femenino Celta saía confiado pero buscando entrar na final pola porta grande na casa dun dos favoritos en terras madrileñas. As rapazas competiron de novo de forma sobresaínte, volvendo a rozar os 200pts (196’5) contra os 206 do Atletismo Alcorcón. CA Silla (172) e JA Sabadell (108’5) non puideron estar a altura e xogaránse a permanencia na categoría. Ao igual que os homes, elas tamén conseguirían 7 victorias parciais con novos dobletes de Nediam Vargas (100 e 200) e Alice Finot (800 e 3000 obst.). Olaia Becerril (lonxitude) e Raquel Villa (peso) farían o propio dando a sorpresa, ao igual que o doblete no martelo de Irene Gómez e Patricia Correa. As célticas entran deste xeito en 5ª posición na Final do Título que se celebrará tamén en Alcorcón contra equipos punteiros como as anfitrionas e o Piélagos (os que xa se enfrontaron), así como o ISS L’Hospitalet e o Juventud Atlética Elche.
Equipazo das mulleres para a historia! - No día das Letras Galegas Cangas acollía o seu XIV Trofeo Vila de Cangas no que os nosos lanzadores volveron a demostrar que o seu gran nivel este ano é xa histórico. Irene Gómez superaba por fin a barreira dos 60m co martelo de 3kg no último lanzamento con 60’02, conseguindo batir o seu propio RG da categoría sub18. Mentres, o atleta da nosa Escola Eric Méndez daba a sorpresa unha vez máis pulverizando o seu recente RG sub16 mandando o martelo de 4kg a 66’23m, destacándose aínda máis no liderazgo do ránking nacional. 2 novos récords para a canteira do lanzamentos do noso clube!
- Tamén o 17 de maio celebrouse o Campionato Galego de Relevos en Ourense. Un ano máis e pese as queixas de atletas e clubes, a súa cercanía coas Xornadas das Ligas Nacionais fixo que tanto o Celta Atletismo como outros equipos de Divisións Nacionais non participaran ou acudiran con servizos mínimos.
- Pontevedra acollía unha cita moi agardada pola nosa escola o domingo 20. O Campionato Provincial Infantil Escolar remataba coa colleita para a nosa Escola de 7 metais: 2 ouros para Dawit Comesaña (80) e Juan González (disco), pratas para eles tamén no 1000 e na altura e Roi Sueiro no disco. Por último, Martina Herranz (220mv) e o relevo masculino con todos os rapaces anteriores e Manuel Rodríguez. A seguir medrando así!
Caras de felicidade e orgullo a partes iguais! - O 18 de maio Antonio Fuertes participaba no Campionato de España de Ruta no que conseguiría un gran 11º posto na categoría M55 dos 10km. Unha nova proba a primeiro nivel dun dos nosos atletas veteráns máis destacados
Antonio no pasado Campionato de Europa de Cross - Por último, mandarlle no nome de todo o Celta Atletismo unha forte aperta ó noso ex-lanzador Nuno Rocha. Esta semana coñecíamos o falecemento da súa nai Ana, moi vinculada tamén co atletismo como Xuiza en Oporto e sempre con bos recordos para o noso clube. O noso apoio para a familia Rocha que malia a súa marcha do clube, segue tendo moi boas amistades nel.