ESCOLA CELTA ATLETISMO

A Escola Celta Atletismo nace co propósito de acoller as categorías inferiores do Real Club Celta de Atletismo e do Club Atletismo Femenino Celta. O obxectivo principal é adestrar aos nosos propios atletas dende os seus primeiros pasos no atletismo ata a súa etapa de máximo rendemento deportivo. Apostamos por un proxecto sólido, ben organizado e estruturado, que facilite o traballo dos adestradores e o ensino de todas as disciplinas atléticas, garantindo así unha actividade de alta calidade e competencia.

A nivel organizativo, dividimos aos nenos por categorías, de xeito que as ensinanzas sexan adecuadas a cada etapa de aprendizaxe. Isto tamén permite facilitar a organización das familias, ofrecendo varios grupos e horarios. A nosa actividade competitiva céntrase nas competicións atléticas organizadas pola Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia, pola Federación Galega de Atletismo, e nas diferentes competicións e actividades organizadas pola propia Escola.

Actualmente, traballamos con máis de 230 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos. O noso corpo técnico está formado por Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Monitores Nacionais de Atletismo, todos eles con anos de experiencia no ámbito educativo e no adestramento con nenos.

Na Escola Celta Atletismo procuramos que os nenos medren co atletismo, maduren a nivel deportivo e coñezan todas as disciplinas atléticas. Desta maneira, aseguramos que os futuros atletas do Real Club Celta de Atletismo e do Club Atletismo Femenino Celta estean completamente formados e preparados para afrontar novos obxectivos deportivos.

Podedes consultar os horarios e as tarifas para a presente tempada no reglamento:

Se eres ven con nós á pista!

Contacta connosco!

Para máis información podedes poñervos en contacto coa Escola Celta Atletismo a través do seguinte formulario, ou no correo electrónico: escuelaceltaatletismo@gmail.com ou no teléfono: 698 962 481.