O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Socios Colaboradores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizará no mes de decembro o “II TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO”.
Un ano máis e tralo éxito da primeira edición, volveremos a vivir unha fermosa xornada na que nenos e nenas, ademais de poñerse o dorsal, mostrarán o seu lado máis solidario doando un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros as familias menos favorecidas da nosa cidade. A totalidade de alimentos e xoguetes recollidos, serán entregados a AFAN (Asociación Freixeiro Axuda o Necesitado) e á campaña de recollida de xoguetes “Cada neno un xoguete” levada a cabo pola Asociación Stop e Iniciativa Local.
A cita será o vindeiro sábado 17 de decembro a partires das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo). Poderán participar todos aqueles nenos e nenas de clubs e centros escolares de categoría pre-benxamín ata cadete. A inscrición para atletas federados farase a través do sistema online da web da RFEA: https://isis.rfea.es/sirfea2/, no caso dos atletas con licenza escolar (dados de alta na plataforma Xogade pero non federados) e atletas de categoría pre-benxamín, a inscrición farase enviando un correo electrónico a inscripcionescelta@hotmail.com, indicando: nome e apelidos, data de nacemento e DNI do atleta; máis o nome, apelidos e DNI do titor, xunto cun teléfono de contacto. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 15 de decembro ás 22.00 horas.
Consulta REGULAMENTO DO «II TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO» e non deixes de participar nesta fermosa inicitaiva.
¡En Nadal todos á mesa e ningún neno sen agasallo!