A última fin de semana de probas do 2017 serviu para poñer o broche dourado a un gran ano e empezar coas expectativas moi altas para todos os nosos atletas este 2018.
- Ourense – de novo – foi a gran protagonista da fin de semana co dobre Campionato Galego de Combinadas por Clubes dos nosos equipos masculino e femenino. O conxunto no Pentathlon formado por Nediam Vargas (3.277) Eva Queimaño (3.205) Andrea Novoa (2.639) Cristina Estévez (2.114) Lara Fernández (2.362) e Lucía Dopico (2.353) conseguiu o 1º posto por diante do Franciscanos e o Riazor Coruña. Pola súa parte os rapaces no Heptathlon comandados por Adolfo Sainz-Maza (4.723) Miguel Cajaraville (4.328) Fran Pérez (3.429) Juan Bello (3.117) David Lorenzo (3.412). O dobrete céltico demostra a fortaleza céltica nas probas combinadas pese as baixas de Alicia Merino e Karolina Puchmertlova. A marca de Eva sírvelle presumiblemente como billete para o Campionato de España sub20 de Pista Cuberta en Ourense e a de Cris como novo récord galego W-40.
Os rapaces célticos impuxéronse ao Narón e á SGP na global por clubes - Novamente en Ourense e durante o control de marcas celebrado, destacaron especialmente Andrea Pais (25.51s) e Raquel Arias (26.44s), mínimas para os seus Campionatos de España indoor de Ourense (sub20) e Salamanca (sub23) nos 200m; Laura Santos (4:55:63) e Lucía Cardesín (4:59:14) conseguían a súa segunda mínima nacional cada unha nos 1500m, xunto con Alice Finot (4:36:14) para o Nacional Absoluto indoor.
Imaxe das nosas velocistas Raquel e Andrea en Expourense - Aproveitando as vacacións de Nadal, algúns dos nosos atletas máis prometedores acudiron a concentracións dos seus respectivos sectores para mellorar. Foi o caso de Nico García cos lanzadores en León e Olaia Becerril cos saltos en Los Alcázares (Murcia) coas concentracións da RFEA do 26 ao 29 de decembro. Pola súa parte, os marchadores Brais Prieto e Iria Rivas acuden á concentración da FGA do 2 de xaneiro ó día 5.
Olaia disfrutando do clima murciano en pleno Nadal Nico compartiu concentración coa lenda do atletismo español, o Capitán Manolo Martínez. - Para rematar o ano e como xa é tradición, numerosos atletas, adestradores e demáis membros da familia céltica acudiron ás carreiras de San Silvestre, destacando especialmente a viguesa con máis de 4.500 participantes na que os disfraces e o bo ambiente foron os auténticos protagonistas.