O primeiro fin de semana de competicións en pista e cross da tempada amosou o bo estado de forma no que empezan os nosos atletas este novo ano, sen importar a súa disciplina ou idade:
- No Campionato Galego de Marcha de Inverno disputado en Lugo destacaron a nosa fichaxe Iria Rivas cun ouro na categoría sub-18 e un bronce na absoluta e Brais Prieto vencendo na sub-20 e repetindo podium co terceiro posto na absoluta. Destaca Jose Casal, responsable do Sector de Marcha no clube, que «é a primeira vez en moitos anos que mandamos ata 7 atletas a un campionato da especilidade«, mostrando o novo crecemento desta disciplina.
Brais e Iria (esquerda) posan no podio absoluto da proba. - No emblemático Memorial Belarmino Alonso vigués, o éxito das nosas categorías foi rotundo: os rapaces venceron en tódalas categorías de benxamín a cadete e as súas compañeiras subiron ao podium tamén nas mesmas categorías excepto infantil. A nosa Escola continúa medrando con paso firme e bos resultados.
Os cadetes seguen enrachados e venceron por equipos: bravo rapaces! - E no Control de Saltos de Gallur debutaba a nosa fichaxe David Martínez con moi boas sensacións. A 4 apoios únicamente por ser a primeira proba da temporada, chegou ata o 1’87m e estivo a piques de pasar o 1’90; coa que igualaría a súa mellor marca do ano pasado.
David posando feliz no seu debut como céltico en Gallur
No comezo do Campionato en Lugo gardouse un minuto de silencio como apoio ó marchador local Marcos Cintrón polo recente pasamento do seu pai. Dende o Celta Atletismo mandarlle unha aperta forte e todo o noso apoio.
En resumo un fin de semana coas primeiras medallas galegas para o clube e uns éxitos para confiar tanto na canteira como nas fichaxes. ¡A 2017/2018 xa é unha realidade!