O Celta Atletismo comprácese en anunciar unha nova colaboración para o Trofeo Solidario de Nadal, un evento que este ano terá un significado moi especial, xa que será o broche de ouro para as celebracións do centenario do club.
Nesta edición, contamos co respaldo de Digoin, unha empresa especializada no lacado de aceiro e tratamento de superficies.

A súa experiencia en lacados de calidade Epoxi e Poliéster, cores segundo a carta RAL, tanto brillantes como mates, e o seu compromiso con acabados especiales e tramento químicos como o desengraase, fosfatado e aplicación de nanotecnoloxía, reflicte a súa dedicación pola calidade e o detalle. Agora, este compromiso esténdese ao ámbito deportivo e solidario.
Queremos agradecer profundamente a Digoin por unirse á nosa causa, cuxa achega será clave para a organización e éxito deste evento que une deporte e solidariedade.
Pronto desvelaremos máis detalles e sorpresas relacionadas co trofeo, un evento que reunirá á comunidade céltica nun peche inesquecible para este ano tan significativo.
💙 Grazas a Digoin por formar parte da nosa familia céltica!