Pois parece que a pista cuberta non quere rematar; esta fin de semana tócanos despedila cun par de campionatos das categorías inferiores, despois duns últimos días cargados de emocións para toda a familia céltica.

Comezamos en Antequera, co Campionato de España Cadete de Pista Cuberta, onde a pertiguista Lara Fernández estrearase nun campionato de nivel estatal, coas miras postas en mellorar marca e gañar esa experiencia tan valiosa nestas idades.
Seguimos despendindo a cuberta, neste caso a cita é na Coruña, no Campionato Galego de Pista Cuberta Benxamín, Alevín e Infantíl, onde preto dunha vintena de pequenos célticos emularán os grandes atletas do tartán.

Xa para rematar queremos facer unha mención especial ao acontecemento estrela destes últimos días. O noso atleta, adestrador e gran amigo David Gómez, entra a formar parte da Real Orde do Mérito Deportivo na categoría de Medalla de Bronce grazas aos seus méritos acadados ao longo da súa traxectoria atlética.
Esta tarde ás 18:30 horas, no CGTD de Pontevedra, terá lugar a cerimonia de entrega de dito galardón da man do presidente do CSD, D. José Ramón Lete. A vindeira semana David, daranos as súas impresións sobre este galardón e o resto da actualidade atlética. ¡Parabéns David, un premio máis que rerecido!.
