Despois dunha xélida semana, achéganse o sábado e domingo cargadiños de compromisos que seguro nos farán entrar en calor.
Toca comezar por Lugo e o seu módulo cuberto, onde o sábado daranse cita os millores velocistas da comunidade no Campionato de Galicia de 60 m e 60 m valados. Ata a cidade bimilenaria desplazaranse parte dos nosos célticos máis rápidos, como son Miguel Gómez, Kevin Barcia, Laura Chapela e Elvira Okutu para pelexar no 60m, e Adolfo Sainz-Maza máis Emma Valencia para facelo propio no 60m valados. Sen sair de Lugo, pero na pista de 400m, a xente do Lugo Running organiza un control de marcas, onde Manuel Martinez e o seu pupilo Gonzalo Basconcelo testaranse nun 3000m.

O domingo nas pistas de Riveira, poderemos ver a Paulino Folgar competir no seu primeiro 1500m da tempada, onde tamén estará Antón Fernández que tomará partida no 60m e na lonxitude e fará o seu debút coma céltico.
Xa en Vigo, na segunda xornada das «II Series Municipais Concello de Vigo», teremos o pracer de poder ver unha auténtica marea celeste con preto de 90 dos nosos atletas en liza, entre os que veremos aos sempre combativos Pedro Juncal, Eva Queimaño e Olaia Becerril, ou os pertiguistas Miguel Cajaraville e Beatriz Viteri, entre moitos outros célticos.
Por último, o sábado en Madrid celebrarase a «XX Gala do Atletismo Español» organizada pola RFEA onde o noso Presidente Emérito D. Alfonso Posada, terá unha merecida homenaxe polos máis de 50 anos o servizo do atletismo e como pai do atletismo céltico, entregándolle o Premio Especial RFEA. Tamén o que foi adestrador do noso Club e de moitas estrelas do atletismo galego, D. Alfonso Ortega recibirá do mesmo modo unha calurosa homenaxe, e que mellor que facelo a carón do seu amigo Alfonso Posada. Moitas Felicidades.
