· Redacción.
O mes de maio foi, sen lugar a dúbidas, un dos meses de máis traballo, tensión e satisfacción para a nosa Estructura.
No primeiro fin de semana, destacamos a actuación do noso equipo de combinadas en categoría feminina. O equipo formado por Alicia Merino, Carlota Salgado e Valeria González subiu o primeiro caixón do podium no «Campionato Xunta de Galicia de Clubs de Probas Combinadas» (Pontevedra), mostrando as tres atletas un fantástico estado de forma.
Un pouco máis o norte, na Pobra do Caramiñal, tivo lugar o «Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta» onde as mulleres volveron ser protagonistas. Mar Chillón, acadou o cuarto posto na categoría senior nunha proba de moito nivel. Ademáis, queremos destacar a presenza neste campionato de sete marchadoras máis Sila López, Lucía Sánchez, María Limes, Beatriz García, Natalia González, Aldara López y Lucía Barca o que demostra o bo traballo que se está a facer na Escola de Marcha coordinada polo seu adestrador José A. Rodríguez Casal, facía moitos anos que a nosa canteira non presentaba tantas marchadoras a un galego.
Unha semana despois, os equipos de Liga afrontaron a segunda xornada da Liga Nacional de Clubes. O R.C. Celta de Atletismo, viaxou a Valladolid para afrontar a xornada decisiva que definiría o seu futuro na última e decisiva xornada final. A pesares dalgunha baixa importante no equipo, os nosos acadaron a victoria final no cuadrangular por diante do C.A. Safor – Teika, Hinaco Monzón e C.A. Valladolid, acadando 10 victorias parciais o que foi decisivo para que os célticos vencesen os valenciáns, ademáis de situarse así como un dos equipos favoritos para loitar polo ascenso á División de Honra da «Liga Joma de Clubes». O Feminino Celta pola súa banda, foi organizador da segunda xornada en Vigo ademáis de competir contra o Tenerife Caja Canarias e S.G. Pontevedra, o cuarto club o C.A. Silla, non se presentou á competición por desabenencias coa RFEA. As célticas nunha competición moi equilibrada, acadaron a segunda posición moi lonxe do Tenerife pero moi destacadas por enriba das pontevedresas, tres foros as victorias parciais das célticas. Os tres puntos acadados, deron un pouco de aire as nosas de cara a última xornada pola permanencia da «Liga Iberdrola de Clubes».
Trala emoción da Liga e, na fin de semana na que homenaxeamos o noso Presidente Emérito D. Alfonso Posada, o protagonismo foi para os nos@s atletas Sub16 e Sub20 que formaron parte no «XXXVII Campionato Galicia de Clubes» en ambas categorías celebrado en Pontevedra. Na categoría Sub20, os homes proclamáronse campións galegos, sendo superiores o At. Lucense e o C.A Sada. Mentres tanto, as mulleres remataron cuartas a un só punto do podium e a dous do subcampionato. Na categoría Sub16, as mulleres fon bronce por detrás do noso Asociado o Vila de Cangas e a At. Lucense.
Tamén desplazámonos ata Sabadell da man de Cristina Estévez quen participou no «Campionato de España Máster de Combinadas», sendo prata F45 e volvendo a demostrar moi boas prestacións en salto de lonxitude e nos 800m.
O domingo 23 de maio, o protagonismo foi para Alfonso Posada. Dende o Grupo Celta Atletismo, adaptándonos á Pandemia e as Restriccións, quixemos homenaxear un año máis o noso Presidente Emérito despois da cancelación do evento na tempada pasada (nesta ocasión e por Protocolo o Trofeo pasou a chamarse Control Nacional de Marcas). Foi unha xornada moi emotiva e con moi boas actuacións, onde un bo número de atletas galegos, nacionais e portugueses formaron parte da nosa homenaxe a Alfonso.
Esa fin de semana, dous célticos tamén participaron coa Selección Galega no «Campeonato de España de Pruebas Combinadas de Federaciones Autonómicas» en Alhama de Murcia. Adolfo Sáinz – Maza e Alicia Merino, os nosos atletas de Lugo, colaboraron coa súa actuación co terceiro posto na clasificación final da Selección Galega.
Finalmente pechando o mes, esta pasada fin de semana tivemos unha representante da Escola Celta Atletismo no «Campionato de España Sub14 Individual» disputado en Sevilla. Mar Simón a nosa pequena afincada en Arrecife (Lanzarote) participou no Triatlón, ainda que viaxou con toda a ilusión non puido rematar a competición. Moito ánimo pequena.
E xa como epílogo, os nos@s Máster participaron no «XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao Aire Libre» celebrado na cidade do Lérez. Fernando Paredes, José María Otero, Manuel Rodríguez e Cristina Estévez non fallaron a súa cita e trouxeron un total de seis metais, volvendo a demostrar o seu amor por este deporte e a seguir vestindo a camisola céltica nos diferentes campionatos.
En definitiva, un mes de auténtica locura no que a organización da xornada de Liga de mulleres en Vigo e a homenaxe a Alfonso, fixeron que estiveramos un pouco atarefados estas semanas. Agora toca afrontar un mes de xuño, no que o calendario ven cargadiño de campionatos e xornadas moi intensas. Moito ánimo a tod@s. ¡Lume!.