
· V. Currás.
Fin de semana intensa para os nosos, que comezou onte coa celebración do XI Trofeo Alfonso Posada que homenaxeou o que foi durante tantos anos Presidente do Celta Atletismo e cabeza visible do noso deporte a nivel vigués e autonómico.
Despois dun venres de moitas emocións e nivel, o sábado e o domingo levarán a dar o mellor de si á práctica totalidade dos nosos atletas. Na beira do Sil, O Barco acollerá o Campionato Galego de Clubes nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil; onde a Escola Celta Atletismo buscará seguir medrando e demostrando a solidez do noso futuro. Tamén na provincia de Ourense, pero desta vez nas pistas de Pereiro de Aguiar; os nosos atletas máis veteráns terán o seu autonómico individual (paralelamente celébrase o Campionato Galego de Marcha Cadete – Juvenil e 5000m Juvenil).

Á vez que estes campionatos individuais e por equipos, os nosos combineros daránse cita nas pistas do CGTD de Pontevedra o sábado e o domingo no Campionato Galego do sector.
O mellor nivel co orgullo céltico en Vigo, os máis cativos pelexando polo escudo, as probas combinadas e os máis veteráns forman este menú atlético completo para unha fin de semana na que esperamos bos rexistros e moitas medallas.
¡Sorte a todos!