Chuvia de mínimas nacionáis.

🎯O pasado fin de semán tivemos varios atletas que conseguiron marcas mínimas para acceder o seu campionato nacional.
👌Lucas Rodríguez conseguiu a súa praza para o Sub16 no control disputado en Ourense. Na proba dos 60ml. parou o cronómetro en 7.52s.
👌Carlota Salgado, no Campionato Galego de probas combinadas, onde resultou gañadora da categoría Sub16, tamén acadou a marca mínima con Pentatlón con 3.027 puntos. Marca, que ademais colócana segunda no ranking nacional. Tamén acadou a mínima nos 60mv. con 9.42s. que elévana ata a ser sexta no ranking nacional.
👌Jorge Román, lograría a mínima Sub18 nos 400ml. celebrados en Ourense o sábado, cunha marca de 51.26s, que o pon en sexto lugar do ranking nacional.
👌Pedro Vázquez, todavía Sub18 de primer ano, deu un recital no control realizado en Expourense o Domingo. Correu os 3000ml. en 8:32.70s. Marca que o coloca como líder destacado do ranking nacional e que presumiblemente é marca mínima para participar no Campionato de Europa Sub18 a celebrar en Rieti (ITA). A falta de que a RFEA publique a súas mínimas, a mínima da European Athletics é 8:35.00s.
👌Eva Queimaño, no Campionato Galego de Probas Combinadas. Fíxose co título de campiona galega Absoluta e Sub23. Con 3.399 puntos conseguiu a mínima para o Campionato nacional Sub23 e púxose terceira no Ranking nacional da categoría e undécima no absoluto. Con probabilidade esta marca daralle un pasaporte para estar tamén no Campionato Nacional Absoluto outra vez.

Parabéns a tod@s.