
A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis
Despois do gran Galego Absoluto Indoor da semana pasada continúan as probas neste mes de xaneiro, dando paso agora ó sub23 e a novos controis de marcas: A Coruña volverá a acoller un Campionato Galego de Pista Cuberta despois da inauguración das instalacións de ExpoOurense, sendo o turno agora para os atletas Sub23. Nunha proba marcada polo escaso número de atletas, serán 9 os atletas célticos que acudirán buscando








