Actualidade

5 medallas nacionais dos lanzadores e o futuro asegurado coa canteira

Anticipábamos na previa do venres que os atletas máis novos terían este fin de semana o protagonismo, pero nin nos nosos mellores desexos imaxinábamos un panorama así. 7 metais nacionais e unha nova mínima, así como unha gran actuación das rapazas sub18 e sub20 no seu Galego. Aquí tedes a crónica dunha fin de semana na que a nosa canteira demostrou que o

Más info »

A previa 23/02: Os nosos lanzadores máis novos a polas medallas en Castellón!

Última fin de semana de febreiro na que os nosos atletas entre os 15 e 20 anos serán os protagonistas da actividade céltica. Ata Castellón desprazáronse os nosos lanzadores máis novos para a celebración do III Campionato de España de Lanzamentos Longos para categorías menores, formando a expedición céltica neste campionato de 3 probas (martelo, xavelina e disco) e 3 categorías (de sub16 a sub20) nada máis

Más info »

Marcas persoais en Valencia e a Escola sensacional no Cross!

Dende o Levante ata a Costa da Morte. Os nosos atletas rendiron por enriba das mellores expectativas unha vez máis, dende os máis cativos ata os que a pelexan dentro da élite nacional. No Velódromo Lluis Puig de Valencia os cinco célticos estiveron á altura dun Campionato de España Absoluto indoor. A primeira en saltar á pista sería Nediam Vargas, logrando o mellor tempo nas eliminatorias con 7’56, sendo esta

Más info »

A previa 16/02: Coa élite en Valencia!

Aínda coa resaca da tremenda fin de semana pasada, os atletas célticos prepáranse para dous novas xornadas de competición ao máximo nivel, de pequenos a maiores: O mellor do atletismo nacional cítase no Vélodromo Luis Puig de Valencia no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta. Ata a capital do Turia desprazáronse 5 célticos para poñer o broche á súa temporada baixo teito: Nediam Vargas (60, 5ª nas inscritas; sábado

Más info »

Os ánimos de Roi funcionaron: Festival de éxitos celestes!

Poucas veces un fin de semana trouxo tantas noticias e tan boas á nosa crónica. Os nosos atletas rendiron por o noroeste peninsular deixando un desfile de mínimas, metais, récords e marcas persoais neste Entroido. Salamanca acolleu o Campionato de España sub23 Indoor onde as nosas 5 promesas estiveron á altura da mensaxe de ánimo de Roi Méndez, o sapoconcho máis famoso de Operación Triunfo. A primeira

Más info »

A previa 09/02: Promesas en Salamanca e Marcha polo Entroido!

 Fin de semana intensa en toda a xeografía galega polo Entroido, pero máis intensa aínda para os nosos atletas. O mes de febreiro xa entrou de pleno: Salamanca será o escenario central deste fin de semana co Campionato de España sub23 de Pista Cuberta. A presenza de 5 atletas célticos na cidade do Tormes dará o comezo aos campionatos nacionais baixo teito, sendo estes segundo a

Más info »

Nin o frío pode cos célticos!

Febreiro comezaba cun fin de semana marcado polas baixas temperaturas, nunhas condicións que non invitaban precisamente a competir ao aire libre. Non obstante, os atletas célticos demostraron novamente o que é afouteza e rendiron á altura do comezo de temporada que levamos. No Campionato Provincial de Cross celebrado en Portas a Escola Celta Atletismo seguiu medrando. Os cadetes seguen demostrando que hai una xeración de moito futuro proclamándose

Más info »

A previa 02/02: Galego de Cross e continúan os controis

Comeza o mes de febreiro para os atletas célticos. Nesta fin de semana o cross e os controis de marcas seguirán sendo os protagonistas. Ribadavia será a sé do LXXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs un ano máis. Á vila ourensá viaxarán Lucía Cardesín e Brais González como representantes na categoría sub20 e Fran Rodríguez e Juan Pazos na carreira absoluta este domingo. Lugo volve a acoller as

Más info »

5 medallas dos combineiros, os cadetes seguen medrando

O último fin de semana de xaneiro estivo marcado polos Campionatos Galegos de dúas disciplinas tan distintas como o cross e as combinadas, dando deste xeito un respiro á pista cuberta antes do carrusel que vai vivir en febreiro e marzo. Lugo acollía durante o sábado e o domingo o Campionato Galego de Probas Combinadas no que o gran protagonista sería Adolfo Sainz-Maza. O lucense proclamábase campión galego absoluto

Más info »

9 medallas en Riazor e novas mínimas nacionais

Como adiantamos na previa do venres, o comezo dos Campionatos Galegos de categorías supuxo a chegada de novas medallas á Casa Celta, así como novas mínimas para os nacionais: A coruñesa pista de Riazor volveu a acoller o Campionato Galego Sub23 Indoor nos que a representación céltica destacou nunha xornada con pouca participación. Andrea Nóvoa (ouro en Altura e bronce en 50mv) e Laura Rosende (prata en 400 e bronce en 200)

Más info »
PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES