O vindeiro sábado 8 de marzo ás 11:30 horas no Parque de Castrelos celebrarase a Carreira Popular “Día Internacional da Muller”, que consistirá en tres voltas ao circuito do Parque.
Acadar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes aínda é unha meta a alcanzar na sociedade de hoxe en día.
O traxecto cara a esta meta será máis rápido cantas máis persoas participen na carreira. Lograla no menor tempo posible permitiranos colaborar na creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todos e todas nós.
VEN E PARTICIPA