Campionas e Subcampións de Copa + 11 medallas dos nosos «Ilustres» = ÉXITO CÉLTICO EN RIAZOR.

Campionas Galegas de Pista Cuberta 2017.

Como xa anunciaramos, este pasado fin de semana foi moi movido. E como non podía ser doutra forma, trouxemos o bus cheo de boas novas dende o Palacio dos Deportes de Riazor.

O sábado á tarde subimos cargados de enerxía os equipos masculino e feminino dirección A Coruña, para disputar un ano máis a Copa de Clubes de Pista Cuberta. Aínda que, ás veces pareza que o noso deporte é individualista, neste tipo de campionatos vemos como a boa sintonía, o compañeirismo e os obxectivos comúns fan do Celta o que por riba de todo queremos ser, un gran Club, unha familia unida. Gracias a esto, podemos presumir de ser Campionas e Subcampións de Copa, coa gran parte dos nosos atletas pelexando sempre polos postos de honra (ninguén baixou do cuarto posta en tódalas probas) e loitando por cada punto; porque as victorias compartidas sempre se disfrutan máis ¿non si?. A nivel individual podemos destacar as victorias de Andrea Pais no 200m, Eva Queimaño na altura, Beatriz Viteri en pértiga, Olaia Becerril na lonxitude, e os sempre combativos Gonzalo Basconcelo no 3000m e Pedro Juncal no 400m por parte do equipo masculino.

Xa o domingo, e cando ainda retumbaba o bombo céltico en Riazor, tiña lugar o Campionato Galego Veterán de Pista Cuberta, do que tamén trouxemos un feixe de preseas para casa. Os máis destacados da xornada foron, Pablo Rodíguez, que foi 1º M35 en pértiga, Juan Bello 1º M45 tamén en pértiga, Manuel Marquez 2º M45 no 1500m, José María Otero 2º M45 en peso, Manuel Rodríguez 1º M65 en peso e María José Sanroman 1ª W45 no peso. Mención especial para Emma Valencia que foi primeira nos 50m categoria w35 con 7.22s (Récord Galego) e nos 50mv con 8.07s, quedando a só unha centésima do seu propio récord, feito o sábado na Copa de Clubs. E por último, Miguel Gómez, que venceu na categoría M35 nas probas de 50m (na que o sábado fixo Récord Galego con 6″12), 200m e 400m, Miguel unha vez máis dando un clase maxistral de competitividade e calidade.
¡Grazas a todos por facernos sentir orgullosos das nosas cores! ¡Sodes de Ouro e Prata!
Os nosos Subcampións Galegos.