Pablo Nogueira. Fotografía: Juan Antonio Fernández
O atletismo galego viviu unha xornada histórica en Getafe durante o campionato de España de campo a través Sub-16 e Sub-18.
A presenza céltica estaría asegurada grazas aos nosos novo atletas, Hugo Suárez, convocado na selección SUB23 e Asheber Díaz, quen foi convocado para formar parte da selección masculina SUB18.
O noso Sub18 voaría polo circuíto do cerro dos Ángeles, facendo unha lectura moi intelixente e madura da carreira, propia dun atleta experimentado. O pupilo do noso apreciado adestrador Manu Ageitos daríao todo nun final de infarto cruzando a meta en 1º posición, facéndose co Ouro do campionato.
Pola súa banda, o seu compañeiro de adestramento, Hugo, faría unha moi boa carreira chegando 35º na Sub23.
A convocatoria de ambos atletas, e o Ouro de Asheber é un triunfo, que sen dúbida, realza a fortaleza do sector e do grupo de adestramento de fondo do club, que non para de cultivar éxitos.
O celta ten un novo campión de España, noraboa Asheber!