Lembramos para todos aqueles que non abriran o correo que o próximo venres 27 de outubro celebrarase a tradicional Asamblea Xeral e a Cea de inicio de temporada do Celta Atletismo. A primeira terá lugar no Salón de actos da Casa do Deporte (Fotógrafo Luis Ksado,17) a partir das 20h. Na mesma presentarase o balance da tempada pasada, o novo reglamento interno do club, os orzamentos para o ano 2018 e a campaña de patrocinadores. Ao remate haberá rogos e preguntas polo que pregamos a vosa asistencia para poder aclarar calqueira dúbida.
Despois da Asamblea Xeral terá lugar como é habitual a Cena Céltica no GastroPub El Castro (Paseo de Alfonso XII) cun prezo de 20€ a partir das 22:30h. Todos aqueles atletas (a partires da categoría sub-18), entrenadores ou socios tedes ata mañán sábado para confirmar a vosa asistencia por correo ou contactando con Manuel Martínez Ageitos (653 966 429).

A xornada será festiva como peche dun gran ano e anticipando os éxitos do que vén. ¡Vémonos!