ASAMBLEA XERAL DO CLUB & VIGO+11.

manos-color

#ASAMBLEA. Mañá 15 de outubro a partires das 18:30h terá lugar a ASAMBLEA XERAL DO CLUB no Salón de Actos da Casa do Deporte (C/Fotógrafo Luis Ksado, 17. Vigo). Tódolos atletas, adestradores e socios do Club estades invitados a partipar nesta nova xuntanza na que avaliaremos a tempada que esta piques de rematar e presentaranse o novo Regulamento de cara a tempada 2016 – 2017.

· Orden do día:

1.- Benvida.
2.- Resumen de Actividade 2015 – 2016.
3.- Regulamento 2016 – 2017.
4.- Balance Económico e Presuposto 2016 – 2017.
5.- Campaña de Socios 2016 – 2017.
6.- Consultas e cuestións.

#VIGO+11. Por segundo ano consecutivo, o GRUPO CELTA ATLETISMO, volve a colaborar coa Federación Galega de Atletismo na organización da «X Carreira Popular Vigo +11. Trofeo El Corte Inglés» que terá lugar este domingo 16 de outubro polas rúas de Vigo. Con máis de 25 voluntarios, axudaremos en tarefas de control de tráfico, secretaría e avituallamiento. Unha vez máis o noso Club volve a ser un exemplo de colaboración coa Federación Galega de Atletismo e as Institucións Locais na promoción do Atletismo Popular e de Canteira na cidade de Vigo. Ademáis, de traballar como voluntarios, varios dos nosos atletas tomarán a salida na Carreira Popular. Unha vez máis, mil grazas a todos vós.

vigo11