Como cada comezo de tempada, o Celta Atletismo celebrará o vindeiro venres 5 de outubro a Asamblea Xeral de socios, acompañada despois da tradicional cea céltica.

O clube convoca a tódolos atletas, socios e simpatizantes ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Deporte (Rúa Luis Ksado 17) coa seguinte orde do día:
-
Benvida.
-
Resumo da actividade 2017 – 2018.
-
Reglamento do Clube 2018 – 2019.
-
Balance económico 2017 – 2018 e Orzamentos 2018 – 2019.
-
Socios colaboradores 2018.
-
Ruegos e preguntas.
Durante a mesma haberá sorpresas, así que rogamos a vosa presenza e que antes de acudir á Asamblea, leades o reglamento desta nova tempada que podedes consultar aquí.
Despois da Asamblea (hora e media de duración, como máximo),

terá lugar a tradicional cea céltica no Restaurante Peregrinus (Rúa Urzáiz, 15) dende ás 22.30 horas. Despois da cea seguiremos celebrando o comezo da tempada, como é habitual.
- Entrantes: Mexillóns ao vapor, croquetas caseiras e lacón asado.
- Parrillada mixta ou merluza:
- Cervexa, viño, refrescos e auga.
- Surtido de postres.
No nome de todo o clube queremos felicitarvos polos vosos éxitos da pasada tempada, agradecendo o voso compromiso e agardando que este ano sexa aínda mellor.