AS COMBINADAS ESTÁN FERIDAS E NECESITAN UN TEITO

· Uxía Paz. Foto portada: Luis Tojal. 

Na derradeira fin de semana do ano, @s nos@s combineir@s formaron parte do «VI Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas» a celebrar no CGTD de Pontevedra. Un campionato ferido e que non merece disputarse o aire libre. As Combinadas buscan un teito onde sobrevivir.

As nosas combineiras sobrepasaron os 3000 puntos nas sumas individuais, quedando así campionas galegas cun total de 9613 puntos, sendo líderes do campionato sen lugar a dúbidas. As campionas non subiron o pódium coma protesta pola organización de dito campionato e pola dor de ver como son tratadas ás combinadas pola FGA.

Na segunda posición na categoría absoluta, Alicia Merino foi quen de sumar 3275 puntos mellorando a súa actuación da tempada anterior e facendo MMP no lanzamento de peso cunha marca de 11.03m. Eva Queimaño lograba o terceiro posto quedando só 15 puntos por debaixo e sen deixar de loitar ata o final, e sendo ésta a súa derradeira competición como céltica.

A segunda posición na categoría sub18 foi para Carlota Salgado, que facendo MMP con 3088 puntos facía tamén MMP en case tódalas probas. Tamén na segunda posición pero nunha categoría inferior competiu nos seus rexistros Valeria González cun total de 2503 puntos facendo unha moi boa actuación.

Pola parte dos homes, Adolfo Sáinz – Maza quedaba campión galego con 4055 puntos nunha competición onde a pértiga lastrou o resultado final.

O mesmo tempo e na mesma pista, once céltic@s da nosa canteira participaban nos 500m e nos 1000m do «Campionato de Galicia de Medio Fondo e Fondo Sub10 – Sub12 – Sub14» do pasado Campionato celebrado o sábado 26. Destacar ó atleta Sub12 Martín Rodríguez quen rematou co título de campión galego nos 500m cun tempo de 1:25.40.

Por outra banda, Marta Hermida a nosa «Hermidita», fixo na mañá de onte un novo Récord Galego Sub12 de lanzamento de martelo (3kg), no segundo Control de Marcas que tivo lugar tamén en Pontevedra.  Marta fixou o novo rexistro nuns fantásticos 38.61m, 4m por riba do anterior.

Parabéns e feliz entrada de ano.