¡ALERTA CELESTE!

Achégase o fin de semana, e con él a cita indoor máis importante da nosa comunidade, o Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta no Pazo dos Deportes de Riazor. Por outra banda, o domingo teremos outra competición destacable no concello de A Baña, o Campionato de Galicia de Cross por Equipos e Galego Cadete e Xuvenil. En ámbalas dúas citas teremos unha extensa representación, onde os nosos pelexarán cos millores, tanto no tartán coma no barro.

Comezamos o sábado co XXXI Campionato de Galicia Absoluto e Promesa e Junior de 1500m – 3000m de Pista Cuberta, no que contamos cun gran número de célticos en liza, e no que moitos estarán en disposición de pelexar polos postos de honra. A continuación, ofrecémosvos unha relación dos atletas que nos van representar nesta importante cita atlética:
 · 50m: Miguel Gómez, Pedro Juncal, Kevin Barcia, Javier Toucedo, Alfonso Zamuz, Olaia Becerril e Rebeca Legerén.
· 200m: Miguel Gómez, Pedro Juncal, Andrea Pais e Laura Chapela.
· 400m: Javier Regueiro, Alberto Davila, Xosé Fernández, Adrián Fernández e Laura Rosende.
· 800m: Luís del Río, Javier Regueiro, Xián Rodríguez e Ruth Carrera.
· 1500m: Francisco Rodríguez, Paulino Folgar, Pablo Vicente, Ahmed Anadi, Laura Santos e Aída Martínez.
· 3000m: Francisco Rodríguez e Aída Martínez.
· 50mv: Adolfo Sainz-Maza, Eva Queimaño, Emma Valencia, Olaya Abril e Karolina Puchmertlova.
· Altura: Diego Ares, Eva Queimaño, Olaya Abril e Karolina Puchmertlova.
· Pértiga: Miguel Cajaraville, Adolfo Sainz-Maza, Beatriz Viteri, Lara Fernández e Ana Juncal.
· Lonxitude: Alberto Elena, Fernando Rábade, Adolfo Sainz-Maza, Miguel Cajaraville, Olaia Becerril, Elvira Okutu, Eva Queimaño e Olaya Abril.
· Triple: Uxía Paz e Alberto Elena.
· Peso: Fernando Paredes, Noel Vega, Victor Pérez, María José Sanromán, Karolina Puchmertlova, Elena Estévez, Mar Pérez e Olaya Abril.
Máis de 40 atletas pasearán a camisola celeste polo Pazo dos Deportes de Riazor en busca dun bo número de medallas e mínimas nacionais.
Cambiando de tercio, o domingo celébrase no concello coruñés de A Baña o Campionato de Galicia de Cross por equipos e Galego Cadete e Xuvenil. Nesta cita contamos con representación en categorías cadete, xuvenil e absoluta. Temos que destacar o noso equipo masculino de cross curto, capitaneado por Gonzalo Basconcelo, e que intentarán postularse entre os mellores combinados da comunidade.
Se o temporal nos deixa, esperamos ter unha marexada de boas novas. Moita sorte a todos.