Pablo Nogueira
O Celta Atletismo conseguiu clasificarse para a loita polo ascenso á División de Honra tanto na categoría masculina como na feminina tras unha fin de semana chea de emocións no Estadio de Vallehermoso de Madrid.
Na segunda xornada da liga Nacional de Clubs de Primeira División, o equipo masculino logrou unha vitoria contundente con 204 puntos, superando por cinco puntos aos malagueños do Coop A Palma. A vitoria foi lograda grazas ao gran traballo coral do equipo e aos triunfos parciais de Javier García (100 metros), Hugo García (3000 metros), Raúl Cortizo (lonxitude), Yago Araujo (martelo) e nos relevos 4×100 formado por Miguel Gómez, Martín Barcia, Roi Martínez e Javier García. O equipo masculino acudirá á xornada final do próximo 10 de xuño como terceiro mellor equipo tras sumar a vitoria de Xixón do pasado 15 de abril. Nesta ocasión competirán contra o Intec-Zoiti, Atletismo Albacete, Baía Alxeciras, Universidade Oviedo, CA Safor-Teika, DELSUR Coop A Palma e Atletismo Alcorcón.
O equipo feminino, pola súa banda,tivo que tirar de calculadora tras unha xornada chea de baixas e lesións logrando clasificarse a pesar de ser terceiras na xornada, 168 puntos, un menos que o Aldahra Lleida UA. Gracias a actuación destacadas como ás de Ainoa Reparaz, Ester Navarrete (en 1500 y 3000 metros), Zoe Cardín (3000 obstáculos), Marta Alexandra Lisboeta (altura), Ana Filipa Conde (martillo) e Mar Chillón (5000 marcha), as célticas lograron situarse como un dos oito mellores equipos da categoría grazas á vantaxe de puntos obtida na xornada celebrada en casa fai tres semanas. O vindeiro domingo 11 de xuño, ambos os equipos enfrontaranse aos equipos clasificados para a gran final: Cornellà Atlético, a Mocidade Atletica Elxe, Tenerife CajaCanarias, A.D. Marathon, Atletismo Alcorcón, A.D. Sprint e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
O tartán de Vallehermoso vivirá sin dúbida unhas xornadas emocionantes para o grupo Celta Atletismo, que loitará por un ascenso moi difícil de conseguir, pero non imposible.