🏆En Vilagarcia de Arousa celebrouse o Campionato Galego de Lanzamentos Longos en categoría Sub18 e Sub20.
No lanzamento de disco Sub 18 🥈Samuel Freiría foi prata e 🥉Eric Mendez bronce con 37.85 m e 36.31 m, respectivamente. Ademáis, 🥇Eric tamén conseguiu un ouro en martelo con 57.56 m.
🥇🥈Paula Piñón foi Campioa galega sub18 en lanzamento de disco con 32.62 m e subcampioa en xabalina con 38.21 m.
Parabéns!
Seguindos cos lanzamentos:
🎖O noso veterán Manolo Rodriguez proclamouse en Pontevedra Campión Galego de pentatlón de lanzamentos Máster categoría M70. con un total de 2.627 puntos.
Os seus parciais foron.
☑️Martelo: 30.73m.
☑️Peso: 8.62m.
☑️Disco: 30.54m.
☑️Xavalina: 16.05m.
☑️Martelo Pesado: 10.91m.
Parabéns Manolo! 👏