IV Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo.

O Celta Atletismo volve a organizar unha edición máis o Trofeo Solidario de Nadal.
A data será o vindeiro sábado, 21 de decembro a partires das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo).
Será a cuarta edición deste Trofeo Solidario de Nadal, no que prima o lado solidario por enriba da competitividade.
Ás portas do Nadal, volveremos a vivir unha fermosa xornada na que nenos e nenas, mostrarán o seu lado máis solidario doando alimentos non perecedoiros as familias menos favorecidas da nosa cidade. A totalidade de alimentos recollidos, serán entregados a AFAN (Asociación Freijeiro – Ayuda al necesitado. C/ Pastora, 44. Vigo).
Poderán participar todos aqueles nenos e nenas de clubs e centros escolares de categoría pre-benxamín ata a categoría SUB16.
Contamos con vos!

REGLAMENTO IV TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO
Páxina Facebook do Evento