HAZTE SOCIX DO GRUPO CELTA ATLETISMO

Cada tempada, centos de atletas e familias confían no noso club para crecer, competir e gozar do atletismo. Se compartes a nosa paixón polo deporte, polos valores do esforzo e polo celeste, convidámosche a formar parte da familia do Grupo Celta Atletismo.

Qué significa ser socio?

Ser socio do RC Celta Atletismo é moito máis que un xesto de apoio: é integrarche no día a día do club e beneficiarche de múltiples vantaxes.

A cota de socio é de 50€ ao ano. Con ela contribúes directamente ao desenvolvemento dos nosos equipos, desde a base ata o alto rendemento, e axudas a soster a actividade deportiva, técnica e social do club.

Ao darche de alta recibirás o teu carné dixital, dispoñible na App Cluber, ou tamén poderás identificarche coa túa licenza federativa expedida polo club.

Grazas á colaboración con diversas empresas de Vigo e arredores, os socios poden gozar de descontos especiais ao presentar o seu carné nunha ampla rede de comercios. Consulta aquí o Catálogo de Descontos.

Como socio poderás participar nas nosas actividades sociais, asistir ás asembleas do club e acceder a vantaxes na adquisición ou uso de material deportivo do RC Celta Atletismo.

Como facerche socio?

Se queres unirche ao club, só tes que seguir esta ligazón e completar o formulario: