
O vindeiro mes de setembro botará a correr a terceira temporada da Escola Celta Atletismo. Despois da exitosa temporada que ainda non finalizou, xa entramos de cheo na preparación doutra fermosa temporada dos nosos canteiráns.
Se queres recibir información sobre os horarios de adestramento, tarifas e adestradores envía un correo electrónico a: escuelaceltaatletismo@gmail.com ou chama o teléfono de contacto: 675 94 93 24 (Sara Portabales).
¡Non o dubides e forma parte da nosa Canteira!