Chuvia de medallas e temporal de emocións en Riazor.
Miguel Gómez, lenda da velocidade galega, bronce nos 50m.
Xa estamos de volta do Campionato de Galicia de Pista Cuberta, e nin a treboada, nin os duros rivais puideron dobregar o espírito céltico. De A Coruña trouxemos un balance máis que positivo e unhas sensacións millores se cabe.
O sábado tivemos unha importante cita no Pazo dos Deportes de Riazor, o Campionato de Galicia Absoluto e Promesa de Pista Cuberta e 1.500 e 3.000 Junior, no que a nosa extensa representación obtivo uns brillantes resultados. Para Vigo trouxemos un total de 29 preseas, das que 17 foron Absolutas, 11 foron Promesas e 1 Junior. Dous foron os ouros conquistados polos nosos, Andrea Pais nos 200m (26″11) e Beatriz Viteri na pértiga (3.61m) son as nosas campionas galegas absolutas; nove pratas conseguidas por Miguel Cajaraville na pértiga (4.52m), Eva Queimaño na altura (1.57m), Laura Chapela nos 200m (26″36), Fernando Rábade na lonxitude (6.69m), Diego Ares en altura (1.84m), Alberto Davila nos 400m (51″92), Francisco Rodríguez no 1.500 (4´09″36), Fernando Paredes no peso (13.91m) e Olaia Becerril na lonxitude (5.53m); e 6 bronces obtidos por Alberto Elena no triple (13.90m), Adolfo Sáinz-Maza na pértiga (4.07m), Miguel Gómez nos 50m (6″11), Xosé Fernandez en 400 (52″70), Lara Fernández na pértiga (2.92m) e Olaia Becerril nos 50m (6″95).
Andrea Pais, ouro nos 200m.
Os nosos promesas tamén nos deixaron grandes momentos, 6 ouros da parte de Miguel Cajaraville en pértiga, Laura Chapela en 200, Fernando Rábade en lonxitude, Xosé Fernandez en 400 e a nosa «combinera», Olaya Abril, que venceu en altura e 50mv; o resto das medallas repartíronse entre Adolfo Sáinz-Maza, que foi 2º en pértiga e 3º en lonxitude, Pablo Vicente quedando 3º no 1.500 e outra vez Olaya Abril, que foi 2ª en lonxitude e 3ª en peso. A guinda a este campionato púxoa Laura Santos, vencendo nos 1.500m en categoria Junior, cun tempo de 3´53″55.
Bea Viteri, sen rival na pértiga feminina.
Non queremos rematar sen acordarnos dos nosos lanzadores, que malia o temporal, competiron en Pontevedra nun control de lanzamentos longos. Un total de oito célticos foron os que se desplazaron ata a cidade do Lérez, dos que o máis destacado foi o incombustible Nacho Fernández, que lanzou o martelo ata os 58.62m.
Como vedes, semana a semana seguimos recibindo boas novas dos nosos atletas. Só podemos alegrarnos por eles e elas e darlles as nosas felicitacións.