Volve un fin de semana de moitas competicións, na que celebraranse un total de catro Campionatos Galegos en diferentes categorías, atletismo do bo en grandes cantidades.
En primeiro lugar, o sábado no Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) disputarase o Campionato de Galicia Cadete baixo teito, onde a Escola Celta Atletismo participará cun total de oito atletas. Estaremos moi atentos a actuación dos nosos cadetes. Paralelamente, terá lugar o mesmo sábado e na mesma pista, o Campionato de Galicia Xuvenil de 1500m – 3000m indoor. Ruth Carrera será a nosa única representante, competindo nos 1500m femininos.
Outra cita importante, será o Campionato de Galicia de Probas Combinadas Absoluto que celebrarase entre sábado e domingo en Lugo. De novo a cidade amurallada será o epicentro galego das combinadas (e xa van unhas cantas veces, menos mal que sempre nos quedará Lugo e a súa fantástica Delegación). En categoría feminina, as nosas representantes serán Eva Queimaño, Karolina Puchmertlova, Itsaso Fernández e Olaya Abril. En homes, Adolfo Sáinz-Maza volverá a loitar polo título galego contra os homes da S.G.P.
Na mañá do domingo, Riazor volve a acoller outra cita atlética. Será o turno para a Fase Final da V Liga Escolar Federada Abanca. A nosa Escola, despóis dunha fenomenal fase previa, logrou clasificar tres equipos para esta fase final. Os nosos competirán en categoría Alevín Feminino, Alevín Masculino e Infantil Masculino, o que supón outro éxito para os nosos pequenos. Seguro que o pasarán en grande.
Tamén na mañá do domingo, Ribadavia será o último escenario onde se celebrará outro campionato autonómico. Neste caso será o turno para os mellores especialistas de campo a través. Os célticos partipantes no XCII Campionato de Galicia de Campo a Través, serán Celia Pérez, Alice Finot, Aida Martínez e Noa Costas en mulleres e, en categoría masculina, Luis del Río, Pablo Vicente, Francisco Rodríguez e Ahmed Anadi intentarán acadar os mellores resultados nunha especialidade na que os nosos non parten coma favoritos.
¡Moita sorte a todos, esperamos o mellor de vós!