Eva Queimaño e Adolfo Sáinz-Maza, bronces absolutos en 60mv.

Ésta foi unha fin de semana na que os nosos volveron subirse a un podio autonómico, e xa van tres semanas consecutivas acando medallas en Campeonatos Galegos.

Eva Queimaño, bronce en Lugo. Foto: FGA.

No Campeonato de Galicia de 60m e 60mv celebrado no módulo cuberto de Lugo, dúas foron as medallas logradas por atletas célticos. En categoría feminina, Eva Queimaño, aínda en idade xuvenil, acadou a medalla de bronce cun rexistro de 9″21 (mínima nacional). En homes, Adolfo Sáinz-Maza, tamén subiu o tercer caixón do podium cun tempo de 8″70, volvendo a subir a un podium galego despois dun ano de inoportunas lesións. Ademáis, dous dos nosos «Ilustres» lograron clasificarse en cuarto lugar, Miguel Gómez (7″10) nos 60m masculinos e Emma Valencia (9″28) nos 60mv femininos. Paralelamente a este campeonato, celebrouse un Control de Marcas, no que Beatriz Viteri alcanzou a victoria en salto con pértega (3.50m) o mesmo que Elvira Okutu que marcou uns prometedores 5.19m. Destacar tamén o segundo lugar de Miguel Cajaraville en salto con pértega superando o listón en 4.60m.

Adolfo Sáinz-Maza volveu a un podium galego. Foto: FGA.

Por outra banda, na segunda xornada das «II Series Municipais Concello de Vigo» vivimos unha marexada de bos rexistros e marcas persoais por parte dos nosos. Destacamos o dobre triunfo de Pedro Juncal nos 60m (7″28) e 400m (49″74, mínima nacional) e tamén a dobre victoria de Olaia Becerril nos 60m (7″94, mínima nacional) e en salto de altura (1.49m). Tamén destacamos as victorias de Alberto Elena en salto de lonxitude (6.69m), Nicolás García en lanzamento de peso 5kg (12.45m), David García Villafines en lanzamento de disco 1kg (32.59m) e María José Sanromán en lanzamento de disco (34.98m).

Parabéns a todos e todas, seguimos no bo camiño.

Kevin Barcia no Campeonato de Galicia de 60m.