Campionas Galegas de Probas Combinadas. Segundo título nunha semana.

Xa de volta cargados unha vez máis de boas novas, aderezadas con algunha mínima nacional que traemos dende Lugo, A CoruñaVigo e Campo Criptana.

Comezamos por Lugo, onde, en dobre xornada, se disputou o Campionato de Galicia de Probas Combinadas por equipos. O noso equipo feminino, conformado por Eva Queimaño, Lara Caamaño, Karolina Puchmertlova, Olaya Abril e Itsaso Fernández e dirixido por David Gomez, proclamábase Campión Galego. Outro éxito das nosas guerreiras en tan só unha semana, na que todas as combineras loitaron para traer para a casa o título. Xa a nivel individual, a máis destacada foi Eva Queimaño, que con 3287 puntos colócase cuarta no ranking nacional Xuvenil, ¡e consegue na mesma competición a mínima nacional en altura cun salto se 1.60!.

As nosas Campionas Galegas de Combinadas.

O marxe das combinadas, na tarde do venres na pista de atletismo de Bastiagueiro, na «II Xornada Coruña Corre en pista», o noso vallista Alberto Davila correu os 400m en 50″71, unha gran marca para este inicio de temporada. Xa o domingo en Vigo, dentro das «II Series Municipais Concello de Vigo», poidemos ver en liza un bo número de célticos sobre o tartán. Os atletas celestes máis destacados da xornada foron, entre outros, Andrea Pais, que venceu a súa serie de 200m, conseguindo a mínima nacional Junior con 26″06; Pedro Juncal, que tamén gañou a súa serie de 200m con 22″63, quedando a tan só tres centésimas da mínima nacional Promesa; e, por último, Olaia Becerril, que venceu na lonxitude con 5.53m e nos 200m cunha marca de 26″66. Para rematar, destacar a actuación dos nosos marchadores no «Trofeo de Marcha Villa de los Molinos» en Campo Criptana. Como xa nos ten acostumados, Brais Prieto venceu nos 10km junior, parando o crono en 47´23″, o que lle valeu para ser 4º absoluto. Na mesma carreira competiu José Fernandez, que con 47´46″ foi 2º veterano e 6º absoluto.

¡Parabéns a todas e a todos!

Olaia Becerril e Andrea Pais nos 200m.