Un fin de semana de Solidariedade, mínimas e medallas nacionais.

Como ven sendo habitual, despois dun fin de semana cargado de competicións, traemos ben fresquiña unha pequena crónica das millores actuacións.

Máis de 500 atletas participaron no Trofeo Solidario.

Comezamos facendo unha mención especial ao «II Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo», onde os máis pequenos fixeron os seus primeiros metros na pista esta temporada e onde a solidariedade foi a maior protagonista. Recollimos 500kg de alimentos non perecedoiros e preto de 150 xoguetes, para que este Nadal sexa un pouco millor para os que menos teñen. Damos as gracias a todas as familias que colaboraron da nosa iniciativa.

Gonzalo Basconcelo fixo mínima absoluta no 1500m.

Xa falando de tempos e mínimas, temos que dirixir a mirada cara Braga, onde varios dos nosos célticos foron calzar os clavos para competir no «Campeonato do norte de Provas Combinadas» e nas probas que se realizaban a maiores na mesma cita. O resultados máis destacados da xornada foron as mínimas nacionais obtidas por Celia Pérez, que fixo 4:50,17s no 1500m (mínima promesa), Gonzalo Basconcelo que parou o crono en 3:52,34 no 1500m e lle abre as portas do Nacional Absoluto, tamén Pedro Juncal tivo unha boa actuación no 200m correndo en 22,88s. Mención especial para Nediam Vargas que fixo Record Nacional de Venezuela de pentathlon cunha puntuación de 3001 puntos.

Sen sair de Portugal achegamonos ata Pombal, onde se estaba a disputar o «Torneio de Preparaçao da Pista Coberta», onde Laura Chapela participou no 200m e no 60m, facéndose ca mínima do nacional promesa cunha marca de 26,04s no doble hectómetro.
Para rematar, facémolo da millor maneira ¡con moita marcha!. Toda a que nos deixa José Fernández ca súa medalla de prata M35 no «Campeonato de España de Veteranos de Marcha» en Getafe, esta disciplina estanos a traer moi boas novas últimamente, parece que todo marcha ben.
¡Parabéns a todos!
José Fernández prata en Getafe.