Volvemos unha vez máis cargados de boas novas. Desta vez chegaron dende os sectores de marcha e lanzamentos.
Como cada decembro, os lanzadores do club cruzan o Miño para inaugurar a tempada na «1ª Jornada de Lançamentos de Vila Nova da Cerveira». Un bo número de célticos dirixíronse cara ao outro lado da raia a competir. Temos que destacar a Nico García, que lanzou o martelo ata os 53.11m acadando mínima nacional na súa categoría. Ademáis lanzou o disco de 1.5kg ata os 44.08m, marca que lle deixa moi preto doutra mínima nacional; a Nacho Fernández, que tamén deixou ver o seu estado de forma facendo un concurso moi regular, e lanzando o martelo ata os 58.16m; e, por último, a Noel Vega, que mellorou marca en disco cun lanzamento de 40.41m. Queremos facer unha mención especial a Víctor Pérez que, ademáis de competir, fixo labores de corresponsal transfronteirizo.

Tamén, este pasado domingo, tivo lugar en Cehegin (Murcia) o Campeonato de España de Marcha de Promoción de Inverno. Ata alí foi, co resto da expedición galega, Brais Prieto, quen, como non podía ser doutra maneira, deixou o pavillón céltico ben alto, conseguindo a medalla de prata en categoria Junior, tendo máis valor aínda ao ser atleta de primeiro ano. Non é que sexamos moi fachendosos, pero sempre gusta presumir dunha medalla nacional, parabéns Brais.
