Campeonato do Mundo de 100 km: Requejo sexto, moi preto do pódium.

faro-chapela-4494051-8_g
Foto: Faro de Vigo.

Xa de volta dun intenso fin de semana, no que os nosos atletas participaron en probas de pista, ruta e cross deixándonos un agradable sabor de boca.

requejo_losalcazares
Requejo. Foto: RFEA.

O sábado pola mañá, tivo lugar na Pobra do Caramiñal o Campionato de Galicia de Inverno de Marcha en pista, no que destacou a figura de Brais Prieto finalizando 4º a proba absoluta dos 5 km.

Na mañá do domingo na Xunqueira do Paseo do Lagares (Vigo) celebrouse o «28º Memorial Belarmino Alonso», onde participaron numerosos atletas do Club. Destacaron entre todos eles un decidido Gonzalo Basconcelo que foi 3º en categoría Senior e Pablo Vicente 4º Promesa; entre as féminas, Alice Finot que entrou 7ª en meta, Celia Pérez que venceu en categoría Promesa e Aida Martínez que foi a 2ª junior. Ademáis, entre os rapaces da Escola Celta Atletismo, destacamos a carreira de dous dos nosos infantís, Pedro Vázquez que rematou 2º e Juan Núñez que entrou a continuación.
Mención especial para José Antonio Requejo, que participou no Campeonato do Mundo de 100km (Los Alcáceres, Murcia) e chegou en 6ª posición moi preto do bronce, sendo o primeiro español e segundo europeo. Este atleta vólvenos a demostrar que se encontra entre os millores do mundo nesta disciplina de ultra resistencia, completando a proba nunha media de 4 minutos por quilómetro, algo abraiante.
¡Parabéns a todos e todas!