«I TROFEO SAN XOÁN EN PISTA CELTA ATLETISMO» & «X TROFEO ALFONSO POSADA».

Real Club Celta de AtletismoClub Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o «I TROFEO SAN XOÁN EN PISTA CELTA ATLETISMO» e o “X TROFEO ALFONSO POSADA”.

O vindeiro mércores 29 de xuño, terá lugar en doble xornada, estas dúas competicións. Na primeira delas, os atletas en idade escolar máis os atletas populares tomarán parte no «I TROFEO SAN XOÁN EN PISTA CELTA ATLETISMO». Nun programa de probas novidoso, os atletas máís pequenos competirán entre eles no Duathlón e os atletas populares poderán coñecer e poñerse a proba na Milla Popular.

CARTAZ I TROFEO SAN XOAN EN PISTA CELTA ATLETISMO jpg

REGULAMENTO TROFEO SAN XOÁN CELTA ATLETISMO

A continuación, os mellores atletas galegos farán a súa particular homenaxe o noso presidente emérito Alfonso Posada Sánchez no «X TROFEO ALFONSO POSADA». Outro ano máis, o Grupo Celta Atletismo quere volver a homenaxear a figura de Alfonso, orixe do atletismo céltico na idade moderna, cunha competición na que se espera a presenza dos mellores atletas da cidade e da Comunidade. Como é habitual a competición contará con premios económicos para as mellores marcas en categoría masculina e feminina.

X Trofeo Alfonso Posada jpg

REGULAMENTO X TROFEO ALFONSO POSADA

Serán máis de catro horas de atletismo que queremos disfrutar con todos vós. ¡Esperámosvos!.

A Organización.