XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO (Actualizado con listas de saída)

Na xa longa historia do atletismo vigués, que arranca no ano 1913, o “GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO” en pista, iniciado no 1958, representa un dos seus máximos acontecementos, entre os distintos campionatos nacionais e encontros internacionais de atletismo, ruta e campo a través celebrados na cidade.

Foi en xullo de 1958 cando este “Meeting”, ao estilo dos grandes nacionais e europeos, se disputou por vez primeira nas desaparecidas pistas de cinza do Estadio de Fútbol de Balaídos e xa daquela  viñeran a competir os mellores fondistas de España e Portugal en carreiras de 2.000 e 5.000 metros, ante milleiros de seareiros, gañando os olímpicos Tomás Barris e Antonio Amorós.

Aquela xornada inicial alcanzou un éxito espectacular e dende entón incluíase anualmente no calendario da RFEA, sempre baixo o patrocinio do Concello de Vigo, no desexo de consolidar a proba coma un acontecemento deportivo de primeira orde, enriquecendo o calendario do atletismo galego.

Sería na edición do ano 1991, na 25ª edición precisamente, cando o “GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO” alcanzase maior resonancia, pois nas novas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos reuníranse atletas dos Estados Unidos, Rusia, Xamaica, Nixeria, Hungría, Brasil, Kenya, Portugal e os mellores atletas españois, para ofrecernos un espectáculo deportivo do máis alto nivel, coas gradas das pistas cheas e coa retransmisión en directo da RTVE.

Quédanos no recordo un récord de España establecido nese “Meeting”. O feminino de 100 metros lisos pola estadounidense nacionalizada española, Sandra Myers, cun tempo de 11,06 que se mantén vixente, a día de hoxe no palmarés nacional. A proba foi gañada pola xamaicana, Marlene Ottey, que co seu tempo de 10,79 rexistrou o mellor rexistro mundial daquel ano na distancia.

O “GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO” representa unha proba indispensable no calendario do atletismo vigués e galego; é un “Meeting” excepcional e rechamante para os atletas grazas aos premios económicos que se reparten, á organización que busca o espectáculo, a excelencia organizativa e a posibilidade que se abre para a mellora das marcas dos seus participantes debido á calidade dos atletas presentes. É o atletismo o primeiro deporte olímpico e, nesta condición, precisa do apoio unánime para cumprir a súa dobre misión: espectacular e formativa.

Dende o Celta Atletismo informamos que por existir xa dúas probas programadas para este fin de semana no calendario nacional, dia 11 Meeting de Madrid e dia 12 Gran Premio Diputación Foral de Álava, a RFEA rexeitou a inclusión do XXXVI Gran Premio Ciudad de Vigo de Atletismo no calendario nacional.

Sinalar que como organizadores do Gran Premio realizamos todos os tramites necesarios para que dita proba fose incluida, pero debido o escaso marxen co que se nos comunicou a concesión da organización, por motivos que xa son coñecidos pola maior parte dos implicados. (Federación Galega de Atletismo, Clubs, Concello de Vigo, etc..) non puidose realizar nos prazos óptimos para súa boa execución.
Dende o Celta Atletismo pedimos disculpas a todos aqueles que poidan verse afectados dalgún modo. Pese a no estar incluida a prueba no calendario nacional, a súa organización, premios, ambiente seguirán sendo os dunha competición de primero nivel, como se merece un Gran Premio que xa vai pola súa 36º edición.

O vindeiro sábado 11 de xullo, esperámosvos na Pista Municipal de Balaidos. Volve a maior festa do Atletismo en Pista na cidade.

Xa temos a lista dos atletas que competirán no XXXVI Gran Premio Cidade de Vigo organizado polo Atletismo Femenino Celta.
Recordade, os esperamos a tod@s este sábado a partir das 19:00 horas nas Pistas de Atletismo de Balaidos.

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES