Temos a intención de que o próximo 9 de Maio a cidade de Vigo alugue unha gran xornada de atletismo ó redor da 1ª Xornada da Liga Nacional de Clubs. O Celta Atletismo quere facervos partícipes a todos desta xornada e para iso na mañá previa a competición de clubs organizaremos unha serie de probas populares na pista baixo o nome “1º Meeting popular en pista Celta Atletismo”.
Dos detalles da competición xa falamos fai unhas semanas, agora toca presentar ós colaboradores, que cos seus agasallos darán unha dimensión extra a este evento.
O Ximnasio Saúde & Deporte aportará 8 camisetas técnicas de running.
Máis que auga aportará:
- 2 unidades de 1 mes curso de piscina para nenos.
- 2 unidades de 1 mes curso de taekwndo para nenos.
- 2 unidades de 1 mes curso de padel para nenos.
- 2 unidades de un 20% de desconto para campamento multiaventura de verán.
O Gastropub El Castro ofrecerá 2 cenas valoradas en 30€.
A asociación cultural Traspés aportará 3 mochilas con DVD y camiseta.
Ademáis Frutas Nieves e Grupo Pasquier colaborarán no avituallamento da proba.
Estes son ata o momento todos os colaboradores que coas súas doazóns fan moi difícil resistir a tentación de entrar en Carreiras Galegas e inscribirse. Desde aquí queremos agradecer a todos eles a súa inestimable axuda, coa que contribúen dunha forma destacada na organización deste evento.
Só quedan unhas horas para que pechen as inscripcións. Aínda estás a tempo!