FAI EQUIPO CO CELTA ATLETISMO

Más de 100 anos impulsando o deporte vigués. Agora ti podes formar parte da nosa historia.

O Real Club Celta Atletismo é unha institución centenaria que representa os valores do esforzo, a superación e o compromiso con Vigo e Galicia.

O noso obxectivo é seguir fomentando o deporte basee, a igualdade e a excelencia competitiva.
Por iso, convidamos as empresas a unirse ao noso proxecto: xuntos podemos impulsar o deporte local e fortalecer o tecido empresarial vigués a través de colaboracións con impacto real.

Visibilidade, reputación e conexión local

Patrocinar ao Celta Atletismo é investir nun proxecto con proxección nacional e internacional, con presenza nos principais medios e unha comunidade dixital activa e en crecemento.

Cada colaboración contribúe a aumentar a visibilidade da túa marca, asociándoa con valores de liderado, saúde e compromiso social.

En redes sociais, as nosas publicacións alcanzan a miles de usuarios cada mes, xerando un impacto directo para os nosos patrocinadores mediante mencións, campañas conxuntas e contido personalizado

A túa marca, máis preto do deporte vigués

Vigo respira deporte. Desde as pistas de Balaídos ata os colexios onde adestran os nosos nenos e nenas, cada zancada conta unha historia de paixón e traballo en equipo. No Celta Atletismo, cremos que as empresas que apostan polo deporte local tamén impulsan o futuro da nosa cidade. Xuntos podemos construír unha historia compartida de éxito, esforzo e orgullo vigués.

Descobre os nosos packs de patrocinios

PACK BRONCE

CELTA ATLETISMO
500 Anual
  • Publicidade Web
  • Publicidade en Cartelería Oficial
  • 2 Publicacións mensuais nas rrss do clube
  • Logo presente nas cartelerías de competicións

PACK PLATA

CELTA ATLETISMO
1300 Anual
  • Publicidade Web
  • Publicidade en Cartelería Oficial
  • 4 Publicacións mensuais nas rrss do clube
  • Logo presente nas cartelerías de competicións
  • Logo presente na ropa de quecemento
  • Asociación a categorías ou probas de menores

PACK OURO

CELTA ATLETISMO
2750 Anual
  • Publicidade Web
  • Publicidade en Cartelería Oficial
  • Publicidade estática en competicións
  • 6 Publicacións mensuais nas rrss do clube
  • Logo presente nas cartelerías de competicións
  • Logo presente na ropa de quecemento
  • Logo na roupa de competición
  • Asociación a categorías ou probas de menores
  • Inclusión en videos promocionales
  • Activacións de marca en eventos dedicados
  • 2 reuniones anuales de segumiento
  • Naming exclusivo de una competición principal

Tes algunha dúbida? Non dubides en contactar