Gústache correr? Gustaríache ser céltico?
Estamos emocionados de anunciar a creación dun novo grupo de adestramento dirixido a adultos, especialmente deseñado para pais e nais do club e afeccionados que desexen iniciarse ou perfeccionarse no atletismo e o running. Este é o momento perfecto para dar o salto e formar parte dunha comunidade con máis de 100 anos de historia.
🌟 Pertenza á Familia Celeste
Ao unirche a este grupo, non só adestrarás nunha contorna profesional, senón que te converterás nun membro activo do Celta Atletismo. Representarás ao club en cada carreira e adestramento, compartindo a paixón e os valores do celtismo en cada paso que deas. Se parte desta tradición centenaria e leva con orgullo as cores celestes!
🏅 Adestradores Profesionais ao teu Lado
Os nosos adestradores, quen guía a atletas de primeira división e nivel internacional*, estarán a cargo destes novos grupos. A súa experiencia e dedicación acompañaranche en cada sesión, asegurando que alcances os teus obxectivos da maneira máis eficiente e segura. Contarás cun sistema de adestramento combinado que inclúe preparación específica para probas de atletismo, series de carreira e exercicios de acondicionamento físico, todo adaptado ás túas necesidades.
🕕 Horarios
As sesións levarán a cabo de *6:00 a 7:30* de luns a venres (horario suxeito a cambios segundo a demanda).
Infórmate no: +34 698 962 481 (teléfono e Whatsapp)
Non perdas a oportunidade de adestrar como os grandes e representar ao Celta Atletismo en cada carreira popular! Esperámosche!