Comprácenos anunciar que Pedro Juncal será o novo presidente do Celta Feminino, tras ser o único candidato en presentarse ás recentes eleccións. Tomará a substitución de Paula Mariño, quen desempeñou nos últimos anos a presidencia.
Quén é Pedro Juncal?
Pedro Juncal, enxeñeiro e traballador nunha empresa en Porto do Molle, é un nome moi coñecido no club. Foi o velocista céltico máis destacado da última xeración, finalista nos 400 metros no Campionato de España absoluto de 2020. A súa carreira como atleta viuse truncada por unha lesión de cadeira que lle obrigou a retirarse aos 25 anos. A pesar diso, o seu amor e compromiso co club nunca minguaron.
Desde pequeno, Juncal estivo vinculado ao Celta. Comezou a súa andaina atlética tras abandonar o fútbol, animado polo seu pai e o adestrador Suso Lence. Durante máis dunha década, Pedro demostrou ser un atleta excepcional, non só polo seu talento, senón tamén pola súa incansable dedicación e sacrificio. Baixo a guía do seu derradeiro adestrador Fran Rodríguez, Pedro forxouse como un dos mellores, deixando unha marca indeleble no club.
«É importante o talento, pero tamén traballar. Pedro é un currante nato,» afirma Fran Rodríguez. Esta ética de traballo e a súa capacidade para superar os desafíos son calidades que Pedro levará ao seu novo rol como presidente do Celta Feminino.
Pedro , quén xa leva moito tempo colaborando co club, tanto no seu rol na xunta directiva como colaborador de gran valor, entra na presidencia con ganas de introducir melloras e ideas novas refrescando a actual estrutura do club.