1O MEDALLAS CÉLTICAS NO SUB23

Pablo Nogueira.

Como xa vén sendo habitual en tempada invernal, o pasado domingo 21 de febreiro, as pistas cubertas de Expourense acolleron o “XXXIII Campionato Xunta de Galicia Sub23 en PC – 3000 m. Absoluto en PC”.

Baixo o teito do recinto feiral puidemos ver a máis de 15 atletas célticos os cales conseguiron uns resultados moi notorios. O conxunto céltico faríase con 10 metais, constatando a boa forma na que se atopa esta nova xeración de atletas.

Entre os metais atópanse o ouro de Miguel Ángel Granado Gil, en lanzamento de peso; ou o de Jorge Román Leirós nos 200m, quen tamén conseguiría o bronce nos 60ml. Manuel Rodríguez Estévez faríase coa medalla de ouro nos 60 metros valados, medalla que tamén conseguiría Mario Rodríguez Costas nos 1.500m, así como tamén a triplista Maruxa Germperle Ares.

As pratas célticas foron obtidas por Mateo Rodríguez Estévez, nos 3000m, Lara López Fernández nos 400m e Biruk González Rotea, no 800m.

Na modalidade dos 3.000m absolutos, Uxía Pérez Bugarín subiría tamén ao 2º caixón, acompañada esta vez pola súa amiga e compañeira de adestramentos, Eva Piñel Lorenzo, quen se faría co bronce.

Sen dúbida, uns resultados máis que esperanzadores para estes atletas, os cales inician con este campionato, o seu paso pola pista cuberta esta tempada.

 

Consulta aquí os resultados.