A SOLIDARIEDADE E O ATLETISMO ÚNENSE UN ANO MÁIS POLO NADAL

O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Patrocinadores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizará no mes de decembro o “VII TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO – AFAN”.

Un ano máis, dende o Grupo Celta Atletismo queremos axudar ás familias menos favorecidas da nosa cidade, facendo unha recollida de alimentos non perecedoiros. Todo o recollido entregarase integramente a AFAN (Asociación Freijeiro – Ayuda al Necesitado. C/ Pastora, 44. Vigo), quen novamente serán os responsables de facer chegar a nosa doazón a todas esas familias. Nestes tempos tan complicados que estamos a vivir, artigos de primeira necesidade como son o leite, o aceite e artigos de puericultura estanse a converter case que en artigos de luxo. Por este motivo, nesta edición a recollida de alimentos centrarase case que exclusivamente nestes produtos.

O “VII TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO” terá lugar o vindeiro domingo 17 de decembro a partires das 10:00 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos (Vigo).

REGULAMENTO.

INSCRIPCIONES