ESCINTILEOS DE GRANDEZA: OS MOZOS DO CELTA ATLETISMO SOBRESAEN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-23

Pablo Nogueira

A fin de semana do 1 e 2 de xullo de 2023, Tarragona vestiuse de gala para acoller o Campionato de España Sub-23 de Atletismo. Nesta cita, o club Celta Atletismo brillou con luz propia a través da actuación dos seus prometedores atletas, que loitaron con valentía en cada proba.

Entre os desempeños destacados, Hugo García Souto logrou unha meritoria sexta posición nos 5.000m cunha marca de 15:03.42 e tamén nos 3.000m obstáculos con 9:08.35. Miguel Ángel Granado Gil demostrou unha vez máis a súa destreza nas probas de forza, alcanzando a cuarta posición no lanzamento de peso con 14.91m e a quinta no lanzamento de disco con 44.82m.

Na pista de salto, Raúl Cortizo Bernardez e Sergio Coello Berreco, posicionáronse no quinto e sexto lugar na lonxitude con saltos de 7.40m e 7.24m respectivamente. Marcos Bouza Villar logrou o sexto posto no lanzamento de disco con 44.61m, mentres que a pesar de estar lesionado, Pedro Fikadu Santos Villalón conseguiu un notable oitavo posto no lanzamento de xavelina con 57.01m. María Pena Ferreiro demostrou bo estado de forma logo dunha moi boa tempada en estados unidos no lanzamento de xavelina cun impresionante cuarto lugar grazas a un lanzamento de 40.45m.

Yago Araujo Rodríguez quen anunciou un parón competitivo planificado para a próxima tempada, demostrou unha vez máis a súa compormiso co lanzamento de martelo, obtendo o oitavo posto con 56.96m. No salto con pértega, Lola Bouza Villar alcanzou o noveno posto cunha altura de 3.60m e no lanzamento de martelo, Vitoria Eiriz Vázquez clasificouse novena con 46.19m.

Por último, Jorge Román Leirós mostrou un esforzo formidable na semifinal dos 400m, rexistrando un tempo de 47.81s.

Estes logros reflicten o compromiso, o esforzo e a determinación que cada un dos atletas do Celta Atletismo depositou no seu adestramento. Sen dúbida, este campionato serviu para reafirmar o seu talento e resiliencia nun dos escenarios máis esixentes do atletismo nacional. O futuro é prometedor para estes novos atletas, quen sen dúbida seguirán elevando o nome do Celta Atletismo nos vindieros anos.