Pablo Nogueira
O pasado sábado a pista da universidade de Santiago de Compostela volveron recuperar parte da gloria que luciron outrora, cando o CDU competía sobre cinza ao máis alto nivel. Ata a capital galega desprazáronse os mellores equipos autonómicos para enfrontarse no “XXXV Campionato Xunta de Galicia Absoluto De Clubs”.
En ambas as categorías, tanto o Real Club Celta Atletismo, como o Club Atletismo Feminino Celta, impoñeríanse con firmeza sobre un tartán húmido polas choivas que acompañaron a xornada festiva.
Os equipos participantes mostraron un gran nivel en todas as probas, destacando as actuacións individuais de varios atletas.
A competición estivo rifada e emocionante ata o final, con grandes marcas e esforzos por parte dos atletas celestes que non deixaron á choiva ser un impedimento para que os que estes demostrasen a súa habilidade e dedicación en cada unha das probas disputadas.
En definitiva, o “XXXV Campionato Xunta de Galicia Absoluto De Clubs” foi unha gran mostra do talento que pon a punto ao equipo para enfrontarse na segunda xornada de liga que poderemos gozar esta próxima fin de semana no estadio de Vallermoso.