MEDALLAS SOBRE O BARRO

Pablo Nogueira

O pasado sábado 15 de xaneiro disputouse no Hipódromo de Antela o “Campionato de Campo a través Xunta de Galicia Sub-20, Sub-23 e Absoluto”. Un total de 11 deportistas celestes desprazáronse ata a localidade de Xinzo de Limia para correr sobre o barro. O clima respectaría o campionato, permitindo unha mañá de atletismo onde os celestes lograrían 3 medallas.

No campionato absoluto feminino sería Ester Navarrete Santana a que conseguiría a 3ª praza, conseguindo a súa primeira medalla individual galega desde o seu regreso ao Celta. Na categoría Sub 23, o podio dominaríao Celta grazas ao primeiro posto de Hugo Suárez Martínez (6º na clasificación absoluta) e ao bronce do seu homónimo, Hugo García Souto (11º na xeral).