Pablo Nogueira.
O pasado domingo 13 de novembro puidemos gozar dunha das mellores competicións da tempada invernal, o campionato de España de cros. Nesta ocasión, devandito campionato celebraríase no xa máis que coñecido circuíto de Atapuerca (Burgos).
Neste VII Cto España de Campo a través Clubs puidemos gozar de dous equipos célticos conformado por un total de 10 atletas, 4 mulleres que conformaría o equipo absoluto feminino, e 6 homes que faría o propio en categoría Sub20.
O momento culmen viría da man do equipo Sub20 masculino, composto por Marcos Rivas, Mario Rodríguez, Sergio Souto, Hugo Súarez, Mateo Rodríguez e Hugo García, equipo o cal lograría o bronce da súa categoría, con 114 puntos:
O equipo absoluto feminino, volvería despois de moitos anos para clasificarse para un gran campionato, composto nesta ocasión por Elena Costas, Cristina Estévez, Celia Pérez e Eva Piñel conseguirían a 28º Posición:
Sen dúbida un bo resultado que mostra a progresión do fondo céltico, con resultados que abalan o traballo ben realizado.