O pasado 4 de Abril iniciouse a competición nesta nova edición da Liga Intercolexios de Atletismo en pista. Celebrouse a primeira xornada participativa coa asistencia de rapaces e rapazas de máis de trinta colexios de Vigo e o seu entorno, acadándose un número de participacións preto das 300. Destacar resultados como os acadados polo atleta da gategoría infantil do colexio Suarez Marquier do Rosal, que venceu no salto de lonxitude con un mellor salto de 5,23. Este mismo rapaz tamén foi quen de acadar a victoria na proba de 1.000 m. con un rexistro de 3’05″4. Tamén debemos destacar outros resultados como o de Claudia Martínez Gutierrez do I.E.S. María Soliño de Cangas, gañadora en salto de altura infantil feminino cun rexistro de 1,40, que tamén fixo doblete, gañando os 1.000m. con un tempo de 3’23″4.
Recordarvos que o vindeiro día 11 celebraremos a segunda das xornadas participativas, previas as semifinais por equipos. Pregamos que nos vindeiros días nos fagades chegar as inscripcións dos equipos para así poder establecer as xornadas semifinais o antes posible para avisarvos con tempo.
Achegamos resultados definitivos desta primeira xornada participativa. Tamén vos recordamos o horario desta segunda xornada.
Resultados primeira xornada participativa (PDF, 243 Kb)
Horario segunda xornada participativa (PDF, 25,5 Kb)