CAMPUS DE VERÁN CELTA 2022

Chega unha nova edición do Campus Celta Atletismo. Nesta oacasión tendrá lugar dende o 4 de xullo ata o 29 de xullo. O campus está dirixido a tódolos cativos de entre 6 e 13 anos que queran participar.

REGULAMENTO:

ARTIGO 1. Organizadores e obxectivos.

O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra organizará o “ CAMPUS DE VERÁN CELTA” có obxectivo de continuar a actividade formativa e lúdica, dentro do atletismo, dos/as nenos e nenas máis cativos/as e facilitar a conciliación familiar.

O Campus será impartido por técnicos cualificados, Licenciados en Educación Física e Monitores Nacionais de Atletismo con anos de práctica no traballo con nenos e nenas.

ARTIGO 2. Data e instalación.

O “CAMPUS DE VERÁN CELTA” terá lugar de luns a venres do 4 o 29 de xullo (luns 25 de xullo non hai campus) con horario de 9:45h a 14:00 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos, Praia de Samil, Praia de Fontoura (Bouzas), Centro Mais Que Auga (Navia) e Mapache Climbing.

ARTIGO 3. Inscrición.

Poderán participar todos/as os/as cativos/as de 6 ata 13 anos que o desexen.

As inscricións faranse a través da aplicación Cluber: https://app.cluber.es, o prazo de inscrición rematará o venres 1 de xullo ás 22:00 horas.

Terán preferencia na admisión os/as atletas da Escola Celta de Atletismo.

Prezo:

  • 75 € unha semana.
  • 140 € dúas semanas.
  • 195 € tres semanas.
  • 250 € catro semanas.
  • 10% de desconto segundo irmá/án
  • 10% de desconto atleta do clube.

ARTIGO 4. Seguro actividade.

Todos/as os/as nenos/as participantes estarán cubertos por un Seguro de Accidentes.

ARTIGO 5. Horario de actividades

(As actividades fora da pista poden sufrir algunha modificación, IMPORTANTE para
a actividade de Kayak e imprescindible saber nadar, senón os nenos e nenas faran xogos na praia).

CAMPUS VERÁN CELTA 2022